A IX Festa de Clásicos pasará este domingo polo Incio, Bóveda e Monforte de Lemos

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O evento, organizado polo Club Autoclásico Ribeira Sacra, ten abertas as inscricións ata este mesmo mércores
festa-clasicos-ribeira-sacra
7 May 2025

O Club Autoclásico Ribeira Sacra organiza un ano máis a Festa de Clásicos coa colaboración do Concello de O Incio, o Concello de Bóveda e o Concello de Monforte de Lemos.

Una cita para os amantes dos coches clásicos que cumpre este ano a súa novena edición e que se celebrará o domingo, 11 de maio, a partir das 9.00 horas. Os participantes citaranse entre as 9.00 e as 10.00 horas na praza do Concello do Incio e, dende aí, sairá unha ruta turística que pasará por Bóveda e Monforte de Lemos.

As inscricións poden realizarse ata este mesmo mércores, 7 de maio, ás 23.59 horas, a través dos teléfonos 646 886 451 e 647 635 400, ou por correo electrónico, na dirección acribeirasacra@gmail.com.

O Club Autoclásico Ribeira Sacra foi fundado no verán de 2011 en Monforte por iniciativa dun grupo de amigos apaixonados polos vehículos antigos e clásicos. O seu obxectivo principal é reunir aos afeccionados a esta paixón común e promover actividades e encontros relacionados cos coches clásicos. Na actualidade, a entidade conta con algo máis de trinta socios.

⚙ Configurar cookies
0.16153287887573