A IX edición do Qui-Roma e a Festa do Ouro de Margaride celebraranse o 17 de agosto
RibeiraSacraXa
Estas dúas festas de ambientación romana acollerán a participación de centos de persoas que se achegarán ao municipio quirogués
5 Aug 2024
O 17 de agosto celebrarase a IX Qui-Roma e a Festa do Ouro de Margaride, revivindo o pasado romano de Quiroga con dúas festas de ambientación romana.
Desta maneira, a Qui-Roma será unha festa castrexo-romana consolidada como unha cita de referencia na provincial de Lugo na que se achegarán centos de persoas.
Mentres, a festa do Ouro de Margaride celebrará a súa XII edición, que terá lugar nas covas do medo, un antiguo complexp mineiro romano que acollerá a participación da veciñanza da parroquia quiroguesa.