A IV edición do Día da Bicicleta de Quiroga terá lugar este domingo

RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga organiza o IV Día da Bicicleta para este domingo, 10 de setembro desde as 12.
Dia da bicicleta Quiroga
9 sep 2023

O Concello de Quiroga organiza o IV Día da Bicicleta para este domingo, 10 de setembro desde as 12.00 horas da mañá, cando terá lugar a saída do percorrido.

Tanto nenos, a partir de sete anos, como adultos poderán participar deste evento, que se divide en dous percorridos, un de 5 quilómetros e outro de 10 quilómetros, cuxa saída terá lugar en ámbolos dous casos desde a praza de España.

As persoas participantes entrarán nun sorteo dunha bicicleta e de material deportivo, pero esíxelles levar posto o casco para evitar accidentes graves.

Este evento, organizado pola área de Cultura e Deporte de Quiroga, conta co patrocinio de Biciracing Monforte e Covirán Quiroga, ademais da colaboración do Concello de Ribas de Sil, Protección Civil, a Policía Local e o GES.

dia da bicicleta
0.11026382446289