A IV Andaina e Carreira ‘Monforte en marcha contra o cancro’ celebrarase o 14 de setembro

RibeiraSacraXa
As inscricións poderán realizarse ata o propio día da proba e os fondos irán destinados a programas de apoio ás persoas diagnosticadas de cancro e ás súas familias e a proxectos de investigación oncolóxica
presentacion-marcha-contra-o-cancro-monforte
Presentación da IV Andaina e Carreira ‘Monforte en marcha contra o cancro’
4 Sep 2025

Monforte volverá saír á rúa o domingo 14 de setembro para celebrar cuarta edición da andaina e carreira “Monforte en marcha contra o cancro”, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A cita terá lugar ás 12.00 horas, cun percorrido de cinco quilómetros polas rúas da cidade. A saída e a meta estarán situadas na Praza da Compañía.

O obxectivo desta iniciativa solidaria é recadar fondos destinados tanto a programas de apoio ás persoas diagnosticadas de cancro e ás súas familias, como a proxectos de investigación oncolóxica. As inscricións permanecerán abertas ata o mesmo día da proba, e quen non poida asistir terá a opción de colaborar adquirindo un dorsal solidario.

Na presentación do evento participaron representantes da AECC en Lugo e responsables da Consellería de Política Social e Igualdade, que subliñaron o apoio da Xunta a esta iniciativa. Este ano ambas entidades renovaron o seu convenio de colaboración, que inclúe campañas de sensibilización, apoio psicolóxico e social ás familias afectadas e accións de prevención e detección precoz, cun especial destaque aos programas de cribado de cérvix, mama e colon implantados en toda Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.14588093757629