A ITV para vehículos agrícolas estará tamén no Saviñao
O Concello do Saviñao contará cunha unidade móbil para realizar as correspondentes inspeccións técnicas de vehículos pertinentes para os veciños do Saviñao.
Neste caso, será a maquinaria agrícola a que terá que ser revisada e posta en servizo para poder seguir desenvolvendo os seus labores no campo, xa sexa no ámbito agrícola como gandeiro.
Así, a ITV estará en Escairón, na rúa Eduardo Pondal ao carón do mercado gandeiro hoxe 20 de xaneiro e o vindeiro luns, 23 de xaneiro.
Pola súa parte, en Currelos, a unidades móvil estará no campo da feira do 24 ao 26 de xaneiro.
Tanto en Escairón como en Currelos, o horario para levar a cabo as inspeccións técnicas será de mañá, de 09.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15.15 a 18.00 horas, agás o 26, que só terá horario de mañá.
Para pedir cita pódese facer a través do teléfono 902 309 000 ou pedindo cita nesta páxina web.