A ITV móbil de vehículos agrícolas estará en Carballedo a partir do 20 de novembro

RibeiraSacraXa
A unidade permanecerá operativa ata 1 de decembro no aparcadoiro do polideportivo municipal
itv-agricola-tracotr-portada
ITV
12 Oct 2025

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará situada no aparcadoiro do polideportivo municipal do concello de Carballedo, na estrada de Sampaio, desde o 20 de novembro ata o 1 de decembro de 2025.

O servizo estará dispoñible en horario de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas, agás os días 21 e 28 de novembro e o 1 de decembro, nos que a atención será só en horario de mañá, de 09:00 a 13:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.069672822952271