A ITV móbil de turismos visitará A Pobra de Trives en xuño

RibeiraSacraXa
Estará en ExpoTrives do 13 ao 17 de xuño
itv-turismos
18 May 2025

A Unidade Móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de turismos estará na Pobra de Trives do 13 ao 17 de xuño. A unidade realizará as inspeccións na explanada de ExpoTrives, en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 17, cando só estará dispoñible pola mañá.

Para acceder á ITV, será necesario pedir cita previa, que se pode realizar chamando ao número 981 928 080 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

Esta é unha boa oportunidade para realizar a inspección dos vehículos sen ter que desprazarse a outras localidades.

⚙ Configurar cookies
0.16078495979309