A ITV de vehículos agrícolas estará en Sober os días 2 e 3 de decembro
RibeiraSacraXa
Estará situada na rúa Maruja Mallo, fronte á entrada do colexio

23 Nov 2025
A unidade móbil da ITV para vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Sober os días 2 e 3 de decembro. A unidade estará situada na rúa Maruja Mallo, fronte á entrada do colexio.
O día 2 de decembro a ITV funcionará en horario de mañá e tarde, de 9:00 a 12:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. O día 3 atenderá unicamente en horario de mañá, entre as 9:00 e as 13:30 horas.
A atención realizarase mediante cita previa, que pode solicitarse no teléfono 981 92 80 80 ou a través da páxina web www.sycitv.com.