A ITV de vehículos agrícolas chega a Bóveda a finais de abril
RibeiraSacraXa
A ITV de vehículos agrícolas chega a Bóveda a finais de abril, en concreto os días 24 e 25 de abril en diferentes localizacións
17 Abr 2023
Os días 24 e 25 de abril o Concello de Bóveda acollerá o servizo de ITV para vehículos agrícolas.
Así, tanto o 24 como o 25 de abril unha unidade móbil da ITV estará no mercado gandeiro de Rubián.
O 24 de abril estará de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas; mentres que o 25 de abril estará de 09.00 a 13.30 horas.
As persoas interesadas poderán pedir cita en www.sycitv.com ou no número 902 309 000.