A ITV agrícola estará no municipio de Carballedo no mes de novembro

RibeiraSacraXa
Todas as persoas do municipio interesadas en levar a súa máquina agrícola a pasar a ITV poderán facelo solicitando cita no 981 928 080
ITV-agricola
7 Out 2024

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas (ITV) estará no Concello de Carballedo do 14 ao 20 de novembro.

Así, esta unidade móvil estará localizada no polideportivo municipal de 09.30 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 15 que só estará en horario de mañá.

Todas as persoas do municipio interesadas en levar a súa máquina agrícola a pasar a ITV poderán facelo solicitando cita no 981 928 080.

0.17879390716553