A ITV agrícola estará en Carballedo

RibeiraSacraXa
A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Carballedo nos meses de novembro e decembro.
itv carballedo
31 Out 2021

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Carballedo no mes de novembro e decembro.

A unidade prestará servizo nas naves municipais da Gandareira dende o día 29 de novembro ao 2 de decembro, dende as 09.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde.

Lembran que o día 3 tan só haberá servizo de mañá.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.086059093475342