A iniciativa 'Quere o teu mercado' desenvolverase en Monforte entre o 25 e o 31 de maio

RibeiraSacraXa
O vindeiro sábado 25 terá lugar na Praza de Abastos, a partir das 12.30 horas, unha degustación de produtos locais
Quere-o-teu-mercado-Monforte
23 May 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Concello, súmase un ano máis a campaña internacional 'Quere o teu mercado', que se celebrará o sábado 25 e o venres 31 de maio na Praza de Abastos da cidade.

“Con esta iniciativa”, destaca o rexedor, “dende o Concello de Monforte sumámonos ás que xa levamos realizando dende hai anos para fomentar as compras no pequeno comercio de proximidade, que é o que se realiza, neste caso, na Praza de Abastos da nosa cidade”.

Neste senso, o rexedor monfortino indicou que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través da profesionalidade dos seus praceiros e praceiras”.

O vindeiro sábado 25 terá lugar na Praza de Abastos, a partir das 12.30 horas, unha degustación de produtos locais provintes dos praceiros: queixos e embutidos, empanadas, entre outros, acompañados de viños da D.O. Ribeira Sacra. Nesta primeira xornada ideada polo Equipo de Goberno, farase tamén a entrega de agasallos da campaña 'Quere o teu mercado'.

Xornada enogastronómica o venres 31 de maio A vindeira semana, o venres 31, dende as 8 da tarde, a Praza de Abastos acollerá una xornada enogastronómica, na que o público asistente poderá degustar viños da D.O Ribeira Sacra, xunto con produtos gastronómicos da Praza, que serán elaborados por varios restaurantes locais e porporcionados por adegas de dita D.O. Poderase así degustar as delicias culinarias da nosa gastronomía con tapas variadas, acompañados de música en directo, en concreto a que ofrecerá a través dun concerto acústico o grupo monfortino “Segunda Parte”.

0.16933703422546