A III Feira de Artesanía e Produtos Locais de Quiroga terá lugar o domingo

RibeiraSacraXa
Este domingo, 27 de agosto, terá lugar a III Feira de Artesanía e Produtos Locais de Quiroga, coincidindo coa Feira de Mercado, da man dos organizadores da Asociación de Artesáns galegos 'Tarabelada', da que forman parte varios emprendedores locais.
Artesania Quiroga
24 Ago 2023

Este domingo, 27 de agosto, terá lugar a III Feira de Artesanía e Produtos Locais de Quiroga, coincidindo coa Feira de Mercado, da man dos organizadores da Asociación de Artesáns galegos 'Tarabelada', da que forman parte varios emprendedores locais.

A iniciativa consiste nun mercado de artesanía e produtos locais de Quiroga no que diversos veciños e veciñas da comarca porán en exposición as súas producións propias para o desfrute dos demais cidadáns e tamén visitantes de fóra.

Dado o éxito dos dous anos anteriores, a Asociación decidiu continuar colaborando na organización de novos mercados nos que se poderá atopar todo tipo de produtos alimenticios e artesáns da nosa comarca, moitos deles amparados baixo o selo Artesanía de Galicia.

Feira da Artesania Quiroga
0.084305047988892