A III edición dos Cantos de Taberna de Taboada "foi un éxito rotundo"

RibeiraSacraXa
A terceira edición dos
Cantos de taberna e Foliada Taboada
Cantos de taberna e Foliada Taboada
17 Nov 2023

A terceira edición dos Cantos de Taberna de Taboada, organizada polos Rechouchíos e polos Afogapalletas, foi todo un éxito de participación, segundo explican desde o Concello de Taboada, que apoiou a iniciativa.

Así, da man destas dúas asociacións de veciños, decenas de persoas xuntáronse nos bares da vila e no Centro Cívico para desfrutar da música e cultura galegas, promovidas desde a área de Cultura, Deporte e Medio Rural.

"Foi un éxito rotundo de afluencia e de bo ambiente", así o defenden desde o Goberno local, que augura novas edicións en anos futuros nos que se desfrutará dunha festa con moita tradición na vila.

0.14633297920227