A III carreira e andaina Monforte en Marcha contra o Cancro será este domingo

RibeiraSacraXa
Celebrarase o domingo 15 de setembro ás 12.00 horas, nun circuíto urbano en Monforte, cun percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía
III-Monforte-en-Marcha-contra-o-Cancro
10 Sep 2024

A terceira edición da carreira e andaina 'Monforte en Marcha contra o Cancro', que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro organiza en Monforte, celebrarase este domingo, 15 de setembro.

A concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, explicou que o Equipo de Goberno colaborou activamente coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tamén tanto o técnico de Deportes como a policía local.

Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionará o servizo de ambulancia, e levarase a cabo a colocación das vallas necesarias para delimitar o circuito deseñado para a mesma. A Policía Local colaborará no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorra a carreira, velando tamén pola seguridade dos e das participantes.

Neste senso, a carreira implica o corte de vías de comunicación da cidade polas que transcorrerá a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma, cortes que serán levados a cabo pola policia municipal.

“É dicir, dende o Executivo de José Tomé colaboramos nesta iniciativa poñendo á disposición dos organizadores toda a maquinaria técnica e organizativa necesarias para que a carreira e andaina resulten todo un éxito, algo do que estamos seguras que así será”.

Desenvolvemento da carreira

Este evento deportivo e solidario celebrarase o domingo 15 de setembro ás 12.00 horas, nun circuíto urbano en Monforte, cun percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía.

A concelleira, animou aos veciños e veciñas a participar neste evento, cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de setembro e pode facerse de xeito online ou no local da asociación.

O prezo para a inscrición, que inclúe camiseta, é de 10 euros, e todos os fondos recadados irán destinados a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as suas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 % de supervivencia no ano 2030.

Esta carreira popular e urbana é de carácter benéfico contará con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

Do mesmo xeito, o Concello participa e colabora en todas cantas actividades desenvolven na nosa cidade, “algo que seguirá facendo, porque o compromiso e a colaboración deste alcalde e seu Equipo de Goberno coa Asociación contra o Cancro é firme e constante, xa que desenvolve unha importante labor de investigación e asesoramento en relación con esta enfermidade”, concluíu López.

A concelleira rematou a súa intervención animando a todos os veciños e veciñas de Monforte a inscribirse e participar neste evento que une deporte e solidariedade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17705202102661