A II Ruta Cabalar Sobrado–Manzaneda percorreu o patrimonio natural do municipio

Este pasado domingo celebrouse a II Ruta Cabalar Sobrado–Manzaneda, organizada por un grupo de amigos e amigas do cabalo. O itinerario percorreu lugares cargados de historia e natureza, entre eles a Vila Medieval de Manzaneda, o Monumento Natural Souto de Rozavales e o camiño medieval de San Lázaro, que conecta Sobrado, Pobra de Trives e Manzaneda.
Durante a xornada, a ruta tamén atravesou varios puntos do concello veciño de Trives, pasando por Sobrado, Mendoia, A Corga, Trives, Vilanova, O Carballal, Castro, A Encomenda e Acevoso.
Foi, segundo os organizadores, unha xornada de convivencia, disfrute e posta en valor da beleza e da maxia do cabalo, que permitiu aos participantes gozar tanto da natureza como do patrimonio local.