Chantada celebrará a II Festa da Xuventude o 16 de maio

RibeiraSacraXa
Contará coas actuacións da charanga Sorcha Showband, a Orquestra New York e DJ Gramola
festa
19 Mar 2025

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, sacaba adiante o pasado ano a I edición da Festa da Xuventude, unha cita con actuacións musicais gratuítas para dinamizar o centro da vila e ofrecerlle á xuventude alternativas de lecer nocturno.

Así, na xornada do 16 de maio desde as 19:30 horas, haberá propostas musicais en diferentes espazos ata ben entrada a madrugada.

O programa esrá composto polas actuación da charanga Sorcha Showband polas rúas da vila (entre as 19.30 e as 22.30 horas), a Orquestra New York na Praza de Santa Ana (de 00.30 a a 03.00 horas), e unha sesión musical a cargo de DJ Gramola na zona de Lama das Quendas a partir das 03.00 horas.

Despois de celebrar a primeira edición o 19 de abril, esta segunda edición atrásase un mes, escollendo o venres, 16 de maio. “Consideramos que é unha época axeitada porque acaban os de segundo de bacharelato o día antes, para que o celebren. Os días son máis longos, as temperaturas tamén serán mellores para gozar de actividades de exterior”, asegura, Belén Vázquez Caseiro, Concelleira de Xuventude.

Como Festa da Xuventude, a proposta está pensada para mozas e mozos de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades. A proposta ábrese ademais á xuventude e xente da contorna. Para facilitar a súa participación contarase con servizo de Noitebús. O percorrido está sen definir, establecerase segundo a demanda da xente, polo que as persoas dos concellos limítrofes interesadas en participar deben contactar cos teléfonos 608 185 438 e/ou 982 379 106 e no correo electrónico belen.concello@hotmail.com, para en función da demanda establecer os destinos do servizo.

⚙ Configurar cookies
0.8756890296936