A II edición das Colexiadas chega á Pobra de Trives
RibeiraSacraXa
O evento está dirixido aos nenas e nenas de entre 6 e 16 anos
7 Jan 2025
A II edición das Colexiadas chega este martes, 7 de xaneiro, á Pobra de Trives. Un evento para promover o deporte entre a mocidade que está dirixido principalmente ao público infantil de 6 a 16 anos, pero que está aberto a toda a familia.
A actividade está organizada por Te-Ma Tenis Management en colaboración coa concellería de deportes do Concello da Pobra de Trives e tivo lugar por primeira vez o pasado 6 de decembro, cun gran éxito de participación.