A II Carreira dos Picariños do Xeoparque regresa o 3 de abril

RibeiraSacraXa
A cita está organizada por Quiroga Trail Challenge e dirixida aos nenos e nenas dos centros educativos que forman parte do Xeoparque Montañas do Courel
Carreira-picariños-Quiroga
Carreira Os Picariños, Quiroga
25 Mar 2025

O Quiroga Trail Challenge continúa ampliando o seu impacto na comarca, achegándose agora aos máis pequenos. Por segundo ano consecutivo, a organización decidiu levar a cabo unha carreira exclusiva para os nenos e nenas dos centros educativos do Xeoparque Montañas do Courel. Este evento permitirá a participación de alumnos e alumnas de educación infantil e primaria de tres centros da zona: o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra.

A carreira, que se celebrará o 3 de abril ás 11:30 horas na praia fluvial de San Clodio, contará con diferentes distancias adaptadas ás idades dos participantes, asegurando que todos os nenos poidan gozar da actividade de forma segura e divertida. O obxectivo do QTC é promover o deporte entre os máis novos, ao tempo que busca que os nenos empecen a sentir o espírito da carreira como algo próximo, propio da súa terra.

Desde a organización do Quiroga Trail Challenge, tamén se expresou un agradecemento especial aos tres concellos implicados —Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel— pola súa total colaboración, así como ao Xeoparque Mundial da Unesco, cuxa participación, destacan, é fundamental para o desenvolvemento desta actividade.

⚙ Configurar cookies
0.074876070022583