A Igrexa Parroquial de Quiroga acollerá este sábado un concerto de Rubén de Lis

RibeiraSacraXa
Cunha ampla carreira artística a nivel mundial, ademais dunha extensa formación, Rubén de Lis é profesor de Música Guitarra e Ukelele en Galicia
Ruben-de-Lis
20 sep 2024

A Igrexa Parroquial de Quiroga acollerá este sábado, a partir das 19.00 horas, un concerto de Rubén de Lis, compositor, músico, guitarrista, multi-instrumentista e escritor musical, é tamén compositor do Himno da Peregrinación Europea de Xóvenes do Xacobeo 2022, 'Ven a Santiago, más que un camino'.

Cunha ampla carreira artística a nivel mundial, ademais dunha extensa formación, Rubén de Lis é profesor de Música Guitarra e Ukelele en Galicia e é Director del I.M.R.D.L. (Instituto Musical Rubén de Lis) – Online. Compaxina o seu traballo de ensinanza musical ca de músico profesional e como escritor musical.

No ano 2013 recibiu o premio como un dos mellores 12 guitarristas de España para a Xira de presentacións en directo por toda España co proxecto «Desnudos de Etiquetas», presentando diversos estilos como Jazz, Rock, Blues, Flamenco, Bossa Nova, Folk, etc.

Rubén de Lis tamén traballa como músico-colaborador en varios programas da Televisión de Galicia, e TVE, ademais é innovador no estilo “House Guitar Project”, y «Drive Dance» proxectos cos que recorreu todo o mundo.

Actualmente, vive transitando entre España, Brasil e EEUU e outros países onde se presenta como Artista, Compositor e Motivador en diversos espectáculos, charlas, ponencias e Masterclass.

0.20166301727295