A I San Silvestre de Chantada será o 28 de decembro

RibeiraSacraXa
As inscricións poderán realizarse ata o 26 de decembro
cartel-san-silvestre-chantada
4 Dec 2024

A concellaría de Deportes do Concello de Chantada organiza a I San Silvestre, unha carreira solidaria que terá lugar o 28 de decembro e que ten como peculiaridade que as persoas participantes poden ir disfrazadas.

As inscricións na probra realizaranse a través da web www.championchipnorte.com antes das 23.59 horas. do día 26 de decembro. A inscrición é gratuíta pero cabe a opción solidaria de colaborar coa asociación Furgoneta Solidariia Guinea Bisau aportando voluntariamente no momento da inscrición a cantidade que considere cada participante. Furgoneta Solidaria a Guinea Bissau é un grupo de sanitarios de distintos hospitais de toda Galicia que viaxan en grupos a este país transportando o maior número de medicamentos posible.

Poderán participar da carreira atletas federados e non federados. A proba desenvolverase no casco urbano e contempla unha distancia de 5km adultos e 1km para menores de 12 anos. Os participantes nados entre 2012/2017 poderán facer a distancia de 5km acompañados por un adulto.

Esta cita deportiva e solidaria rematará cunha chocolatada e entrega de trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as masculino e feminino na competición xeral. Para os mellores disfraces establéncense premios económicos a nivel individual ou por equipos (mínimo 5 integrantes):

  • 1º Individual: 60 euros
  • 2º Individual: 50 euros
  • 3º Individual: 30 euros
  • 1º Equipo: 200 euros
  • 2º Equipo: 120 euros
  • 3º Equipo: 40 euros

Todos/as os participantes na carreira de 1000m recibirán medalla.

A recollida de dorsais realizarase o día da proba na porta principal do Auditorio Municipal, situado na Praza de Galicia en horario de 17.00 horas a 18.00 horas. Precisamente a Praza de Galicia será o comezo das dúas probas, os/as menores de 12 anos comezarán ás 18.00 horas e a carreira de 5 quilómetros comezará ás 18:30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.64331889152527