A hostalaría de Monforte recibe case 900.000 euros en axudas
A hostalaría de Monforte de Lemos recibiu nos últimos meses preto de 900.000 euros a través das 401 axudas correspondentes aos dous primeiros Plans de Rescate e ao programa para o acondicionamento de terrazas e envasado de produtos.
Así pois, aprobouse en Monforte de Lemos 389 axudas por un importe global de 803.500 euros nas dúas primeiras edicións do Plan, nas que este municipio foi o segundo da provincia -despois da capital – que suma máis contía concedida.
Acondicionamento de terrazas
Pola súa banda, púxose en marcha a través do Igape o programa para o acondicionamento de terrazas e a compra de elementos de envasado para domicilio, que sumou 78.260 euros en axudas para 12 hostaleiros de Monforte. Os apoios supoñen o 80% do orzamento mobilizado polos hostaleiros.
Arredor do 40% do investimento mobilizado (41.500 euros) destinouse á instalación de peches estables ou desmontables así como outros elementos móbiles tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.
Outros 34.400 euros investíronse na adecuación estética e funcional das terrazas, mediante a renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e de aparatos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Por último, destináronse 21.800 euros á adquisición de elementos sostibles de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio local.