A grúa instalada na rúa Ferrol de Monforte foi retirada polo Concello

RibeiraSacraXa
La grúa que estaba instalada en la calle Ferrol de Monforte ha sido retirada por el Ayuntamiento el jueves 31 de marzo.
actuacion fol do raxal cervo
3 Abr 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar que, logo do acordo adoptado en Xunta de Goberno o pasado 21 de marzo, o Concello obrigou á empresa Otero Aldao SL á retirada da grúa instalada na rúa Ferrol, retirada que foi levada a cabo na tarde do xoves 31 de marzo.

Da mesma forma, o Alcalde precisou que “tras a retirada do guindastre, queda por retirar o silo en dita rúa Ferrol. Se a empresa non o fai, o Concello procederá a súa retirada, de forma subsidiaria, e repercutiralle os gastos que supoña esta acción ó promotor da obra”.

A grúa fora instalada nos números 14 e 15 da rúa Ferrol pola empresa Otero Aldao SL, que en setembro de 2007 solicitara ó Concello unha licencia para acometer a construción dun edificio.

Antecedentes
A Xunta de Goberno Local de Monforte, con data 27 de setembro de 2007, adoptou o acordo de concesión de licenza á empresa Otero Aldao SL para a construción dun edificio composto de sótano, pranta baixa, tres prantas altas, ático e baixo cuberta para 23 vivendas na rúa Ferrol, nos números 14 e 15.

O 30 de maio de 2013, logo dun informe evacuado polos axentes da cidadanía no que daban conta da existencia dunha grúa sen licenza de instalación no número 13 da rúa Ferrol e que podía supoñer un “perigo para a seguridade das persoas e cousas”, a Xunta de Goberno Local acordou incoar expediente contra dita empresa para a retirada da grúa. E o 25 de outubro dese mesmo ano volvíaselle requirir a retirada de dita grúa, ante o que a empresa presentou alegacións, o 21 de xuño de 2013. O informe de Secretaría incidía en que “das alegacións presentadas despréndese que non existiu acordo algún de concesión da licencia de grúa”.

En novembro de 2016, o Concello acorda prorrogar a licencia da obra por 3 anos, prazo que remata en novembro de 2019, e nese período a empresa tampouco tramita a solicitude de licencia de instalación da grúa, para dar cumprimento ó acordo da Xunta de Goberno de data 25 de outubro de 2013. No informe presentado por entón polo Xefe dos Servizos á cidadanía indicaba que a grúa foi “desmontada e hoxe na actualidade encontrase no mesmo lugar en dúas pezas sen actividade, con un depósito de yesos e nunha situación de abandono e deterioro importantes”.

Logo do acordo tomado pola Xunta de Goberno do 21 de marzo de 2022, no que se instaba a proceder á execución subsidiaria da retirada da grúa e elementos anexos á mesma se a empresa Otero Aldao SL non a retiraba, finalmente foi retirada.

0.17838215827942