A Gramola Gominola actúa esta tarde no Auditorio Municipal de Chantada

RibeiraSacraXa
O grupo dará un concerto especial de Nadal destinado a público familiar
gramola-gominola-nadal-chantada
30 Dec 2025

A Gramola Gominola dará un concerto especial de Nadal este martes, 30 de decembro, no Auditorio Municipal de Chantada. Será ás 19.00 horas e está destinado ao público infantil, dentro do programa de actividades de Nadal posto en marcha polo Concello e co apoio da Xunta de Galica.

Esta banda defínese a si mesma como " de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo". O grupo creouse no 2015 e acadou o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. No seu haber posúe tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

⚙ Configurar cookies
0.082314014434814