A futura residencia de maiores de Pantón prepárase para abrir as súas portas

RibeiraSacraXa
O centro acollerá este sábado unha xornada de portas abertas para coñecer as súas instalacións, que estarán listas proximamente e ofrecerán un total de 36 prazas
residencia-maiores-panton
25 Mar 2026

A nova Residencia da Terceira Idade de Pantón, que se prepara para a súa próxima apertura, acollerá este sábado, 28 de marzo, unha xornada de portas abertas para dar a coñecer de primeira man as instalacións e servizos que ofrecerá este centro xestionado pola Fundación San Rosendo.

A futura residencia contará con catro andares e disporá de 36 prazas destinadas ao coidado e atención de usuarios. Estas estarán organizadas en dúas unidades de convivencia, con capacidade para 18 persoas cada unha, seguindo un modelo orientado a ofrecer unha atención máis personalizada. A apertura do centro suporá, ademais, a creación de 25 postos de traballo.

0.21376299858093