A Furgoteca chega esta semana a Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
A biblioteca móbil parará este martes en varios puntos do concello
A Furgoteca
10 Feb 2025

O percorrido da nova ruta da Furgoteca pasará esta semana polo concello de Folgoso de Courel. O programa da biblioteca móbil parará en varios puntos do municipio, empezando pola Casa Niño ás 11.00 horas. Posteriormente, desprazarase á Casa do Maior, ás 11.30 horas, e á Casa do Concello, ás 12.00 horas.

A partir das 13.00 horas, a Furgoteca arrancará o seu percorrido por Froxán,A Campa (ás 14.30 horas), Ferreirós de Arriba (ás 14.45 horas) e Santa Eufemia (ás 15.10 horas).

Pola súa banda, o día 21 fará un percorrido por Seoane, o CPI Uxío Novoneyra, Meraos, Miraz e Paderne.

0.18223094940186