A furgoteca achega a lectura aos máis cativos en Folgoso do Courel o día 21
O servizo da furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Folgoso do Courel. O vindeiro martes 21 a furgoteca regresa ao Courel para realizar un percorrido polos núcleos e aldeas e ofrecer un servizo personalizado porta a porta.
De 11.00 a 11.20 estará en Mercurín, de 11.45 a 12.10 horas en Ferreirós de Arriba, de 12.30 a 13.30 en Folgoso e de 13.45 a 14.00 horas en Vilamaior. Ademais, de 14.15 a 14.30 fará unha parada en Froixán, de 14.15 a 14.30 en A Campa e de 15.30 a 15.50 horas en Santa Eufemia.
O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca asentarase nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais.
A iniciativa mantense en funcionamento nos concellos lucenses de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.