A furgoneta de ‘Galicia Sabe Amar’ fará parada en Pantón
RibeiraSacraXa
Estará situada no campo da feira durante a mañá deste mércores, 15 de xaneiro
14 Jan 2025
A campaña ‘Galicia Sabe Amar’ chega a Pantón este mércores, 15 de xaneiro, cunha furgoneta que estará situada no campo da feira entre as 10.00 e as 16.00 horas.
As persoas interesadas en achegarse poderán gozar de xeito gratuíto de petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
‘Galicia Sabe Amar’ é unha iniciativa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia que anima á ciudadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.