A Fundación Uxío Novoneyra organiza o encontro ‘Escrita en Movemento 1. Poetas que Pintan’

RibeiraSacraXa
O encontro pretende ofrecer ao público unha experiencia na que a palabra escrita se fusiona coa pintura do 24 ao 26 de outubro
escrita-en-movemento-fundacion-uxio-novoneyra
22 Oct 2025

Do 24 ao 26 de outubro, a Casa Museo Uxío Novoneyra acollerá o encontro ‘Escrita en Movemento 1. Poetas que Pintan’, unha iniciativa comisariada por Isaac Xubín e Eduard Velasco que explora as interseccións entre poesía e pintura.

Durante tres días, os participantes poderán ver a poetas como Xosé María Álvarez Cáccamo, Alba Cid, Ana Cibeira, Baldo Ramos, Afra Torrado, Anxo Pastor, Sara Plaza, Lois Pérez, Xoana Almar e Miguel Peralta (Cestola na Cachola) trasladar a poesía á acción plástica, mantendo un espazo destacado para a caligrafía na casa museo.

Esta actividade está organizada pola Fundación Uxío Novoneyra e conta coa subvención de Territorio Cultura, un programa en colaboración co Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

O encontro pretende ofrecer ao público unha experiencia na que a palabra escrita se fusiona coa pintura, destacando a riqueza da creación contemporánea galega.

⚙ Configurar cookies
0.06902003288269