A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas saca a primeira convocatoria de bolsas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Tras a creación da Fundación a finais de 2021, esta convoca dúas bolsas para estudos de posgrao no ámbito agroalimentario.
fundacion tomas notario caixa rural
28 Mar 2022

Tras a creación da Fundación a finais de 2021, esta convoca dúas bolsas para estudos de posgrao no ámbito agroalimentario, sector ao que se pretende prestar unha atención especial.

En outubro de 2021 a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas nacía da colaboración entre o que foi alcalde de Lugo Tomás Notario Vacas e Caixa Rural Galega co propósito de contribuír a promover a investigación e a educación, de forma prioritaria no sector agroalimentario e forestal, con especial atención aos estudos superiores en aras de perseguir a excelencia e especialización, co obxectivo de que poidan reverter no progreso e a mellora de actividades produtivas de Galicia.

Entre as súas prioridades iniciais está a convocatoria de bolsas para a realización de estudos superiores ou masters coa finalidade de formar a profesionais nos centros máis vangardistas co propósito de que poidan achegar coñecemento ao tecido industrial galego.

Así, a Fundación fixo pública se primeira convocatoria de dúas bolsas para estudos de posgrao que poderán ser cursados entre 2022 e 2023 en territorio nacional ou no estranxeiro, en escolas de recoñecido prestixio e no ámbito agroalimentario ou forestal.

Cada bolsa terá unha dotación máxima de 40.000 euros que poderán destinarse a matrícula e estancia e cuxo importe definitivo dependerá do lugar e centro no que se realicen os estudos.

Para poder optar a algunha das bolsas, os solicitantes deberán ter un título universitario, ter vinculación con Galicia e poderán ser estudantes recentemente licenciados ou profesionais que xa estean a traballar na actualidade.

A selección dos bolseiros basearase en criterios como a formación académica previa do solicitante, a traxectoria profesional, no caso de que exista e o proxecto de estudos a realizar, así como a súa aplicación posterior.
As bases e o formulario de solicitude están dispoñibles na páxina web de Caixa Rural Galega e o prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e finalizará o 6 de maio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16996908187866