A Fundación Belarmino Fernández organiza un curso gratuíto de cociña
A Fundación Belarmino Fernández Iglesias de Sober organiza un curso gratuíto de cociña para desempregados a partir de xaneiro.
É totalmente subvencionado e conta con becas e axudas para o transporte, facilitando así aos asistentes a súa participación, que poderán facer prácticas no estranxeiro grazas ao programa Erasmus.
Ao rematar a formación, os asistentes recibirán o Certificado de Profesionalidade de nivel 2.
Os interesados en participar poden atopar toda a información complementaria no correo cpr.belarmino@edu.xunta.gal ou no número de teléfono 982 460 469.