A Fundación Belarmino Fernández Iglesias acolleu unha xornada de maridaxe polo mes do Amandi

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias, acolleu este mércores unha xornada de maridaxe que combinou os viños da IXP Amandi coa gastronomía local, destacando produtos como o Lacón Galego, os Grelos de Galicia e a Pataca de Galicia. A actividade enmárcase dentro do Mes do Amandi e conta coa colaboración do Concello de Sober e da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).
Na xornada participou Marcos González Rodríguez, xefe da sección de promoción de AGACAL, que destacou a importancia de impulsar a calidade e a valorización dos produtos locais.
O alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Medio de Cociña e Gastronomía e de Servizos en Restauración elaborou un menú completo maridado cos viños da subzona de Amandi. O primeiro prato foi unha sopa elaborada cos caldos da cocción dos produtos locais, acompañada cun Godello da subzona de Amandi. O segundo prato, lacón con grelos, pataca e chourizo, foi maridado cun Mencía xove do 2024. Para rematar, a sobremesa consistiu nunha filloa rechea de crema pasteleira, tamén combinada con viño da mesma subzona.
A iniciativa permitiu ao alumnado practicar o maridaxe de viños cos produtos da IXP, ao mesmo tempo que se poñen en valor os sabores e a tradición gastronómica da comarca.