A Fundación Amigos de Galicia leva a Carballedo o seu programa ‘Mellor Acompañado’

RibeiraSacraXa
O programa busca mellorar a calidade de vida dos maiores e terá lugar os venres entre o 14 de febreiro e o 7 de marzo
foto-recurso-maiores
5 Feb 2025

A Fundación Amigos de Galicia leva a Carballedo o seu programa ‘Mellor Acompañado’, unha iniciativa que busca mellorar a calidade de vida dos maiores a través de actividades de apoio e acompañamento psicosocial, cursos de dixitalización e reforzo das redes veciñais.

A iniciativa desenvolverase no Salón de Actos do Concello de Carballeo os días 14, 21 e 28 de febreiro e 7 de marzo, en horario de 10.00 a 12.30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 982 466 201.

O programa, que se centrará no ensino de novas tecnoloxías (móbiles, caixeiros, máquinas de quendas nos centros de saúde ou aplicacións móbiles como a do Sergas), busca mellorar a calidade de vida dos maiores promovendo o seu benestar emocional e a súa inclusión social, fomentando a autonomía e a participación activa para evitar o illamento social.

0.13395118713379