A función “Insubmisa” chega a Monforte co gallo do 25-N

A compañía Antagonista Teatro leva este xoves 27 de novembro ao Edificio Multiusos de Monforte, a súa función ‘Insubmisa’, una obra para público adulto organizada polo Concello de Monforte dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorio e que, neste caso, está coordinada pola Concellería de Muller e Igualdade a través de Centro de Información á Muller, como parte das actividades conmemorativas do 25N.
A función, escrita por José Vaquero e dirixida por Marta Alonso e Pepe Domínguez e protagonizada por Iria Sobrado, José Vaquero e Javier Octavio de Toledo, terá lugar ás 20:15 horas.
A historia xira arredor dunha muller que podería ter cometido un crime grave, pero o verdadeiro debate non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. A obra propón unha reflexión profunda sobre o que significa a liberdade real, máis alá das etiquetas persoais ou de xénero.