A formación universitaria "Camiños de coñecemento e experiencia" impartirase tamén en Monforte durante o mes de maio
Monforte acollerá as xornadas "Camiños de coñecemento e experiencia", unha formación universitaria para persoas maiores de 50 anos, os días 26, 29, 30 e 31 de maio e 1 e 2 de xuño de 2023.
Con él, a Universidade de Santiago de Compostela pretende impartir cursos formativos para adultos maiores de 50 anos con inquietudes pola aprendizaxe e difundir o coñecemento científico e artístico das comarcas que colaboran no proxecto.
A metodoloxía é de corte participativa e aberta, onde os docentes universitarios desenvolven dúas sesións de docencia, unha teórica (onde se pretende favorecer o dialogo e participación dos asistentes) e unha práctica cunha actividade de visita guiada, obradoiro...; sendo unhas sesións de corte humanístico e outras de carácter científico.
Os seminarios terán lugar no Centro Cívico e Social, no paseo do Malecón e para a asistencia aos mesmos é preciso inscribirse previamente na Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos en horario de 9.00 a 13.30 horas da mañá e de 16.00 a 18.00 horas en horario de tarde.
Horarios dos seminarios
- 10 de maio 16.30 a 18.00 horas terá lugar o seminario A fauna na paisaxe impartido por Dna. Teresa Rodríguez López, profesora titular da Facultade de Veterinaria e Coordinadora no Campus de Lugo do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
- 11 de maio 16.30 a 18.00 horas terá lugar unha sesión práctica A fauna na paisaxe por Dna. Teresa Rodríguez López. profesora titular da Facultade de Veterinaria e Coordinadora no Campus de Lugo do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
- 12 de maio de 16.30 a 18.00 horas terá lugar o seminario A delincuencia común en Lugo durante o franquismo, impartido por Dna. Tamara López Fernández, docente da Facultade de Humanidades e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO
- 15 de maio de 16.30 a 18.00 horas terá lugar o seminario Enfrontándonos á soidade non desexada, impartido por Dna. Cristina Ruibal Barreira, traballadora social e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
- 16 de maio 16.30 a 18.00 horas terá lugar unha sesión práctica Enfrontándonos á soidade non desexada, impartida por Dna. Cristina Ruibal Barreira, traballadora social e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC
- 18 de maio 16.30 a 18.00 horas terá lugar unha sesión práctica da análise da vida cotiá no franquismo a través de imaxes e memorias, impartida por Dna. Tamara López Fernández, docente da Facultade de Humanidades e do Programa Universitario de Maiores.
O Alcalde de Monforte invita a todos os monfortinos e monfortinas a inscribirse nos distintos seminarios xa que considera que “é unha forma de desfrutar dunha oportunidade enriquecedora de ampliar coñecementos e tamén unha posibilidade de relacionarse, interactuar e compartir experiencias e inquietudes con outras persoas”.