A foodtruck de Galicia Sabe a Mar estará o día 2 de setembro en Bóveda

RibeiraSacraXa
Concretamente, estará diante da Casa do Concello de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas
Galicia-Sabe-a-Mar
29 Ago 2024

A foodtruck de Galicia Sabe a Mar estará o día 2 de setembro en Bóveda, concretamente estará diante da Casa do Concello de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Galicia Sabe a Mar é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

En cada parada os visitantes poden degustar, de maneira, gratuíta, dalgún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

 

0.20713710784912