A fonte e o lavadoiro do lugar do Piñeiro en San Vicente de Castillón, Pantón, foron renovados

RibeiraSacraXa
La fuente y el lavadero de San Vicente de Castillón en Pantón fueron renovados con un presupuesto de 17.600 euros.
Fonte do Piñeiro Panton
20 Mar 2022

A fonte e o lavadoiro do lugar do Piñeiro en San Vicente de Castillón, Pantón foron mellorados cunha achega da Xunta de 13.200 euros, a través da orde de axudas a concellos para embelecemento de bens situados no Camiño de Santiago.

O custe total das actuacións foi de 17.600 euros. Ambos elementos melloráronse coa instalación dun pavimento de pedra sobre soleira de formigón; a colocación dun muro de peche da fonte con pedra de mampostería e, no caso do lavadoiro, o revestimento con ese mesmo material.

As actuacións permitiron mellorar a imaxe do Camiño de Inverno nesta contorna, esta liña de axudas vai dirixida a financiar accións de rehabilitación ou reforma de espazos e inmobles públicos ou privados, sempre que incidan e procuren a mellora paisaxística da ruta xacobea.

Na anterior convocatoria apoiou seis obras na Zona Sur da provincia con achegas que suman preto de 50.000 euros, catro para sufragar actuacións de particulares -en Pantón e Quiroga- e dúas dirixidas a entidades locais. No caso destas últimas, ademais de colaborar co Concello de Pantón o Goberno galego tamén achegou 9.300 euros á Administración municipal de Chantada para instalar cubre contedores no entorno do Camiño de Santiago.

NOVA CONVOCATORIA ABERTA ATA O 23 DE MARZO
Ata o vindeiro mércores 23 está aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria deste ano. Poden concorrer as entidades locais, persoas físicas e persoas xurídicas sen ánimo de lucro, comunidades de propietarios, asociacións de veciños e outras entidades e institucións.

As axudas poden utilizarse para a rehabilitación ou reforma de espazos e inmobles públicos ou privados, sempre que incidan e procuren a mellora paisaxística e embelecemento do Camiño de Santiago. O importe da subvención será do 75 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 15.000 euros para concellos e 10.000 euros para os demais beneficiarios.
Destacou que esta liña de axudas enmárcase dentro do Plan Camiña co que o Goberno galego quere seguir traballando para a reactivación do turismo, a través do apoio ao sector turístico, ás entidades locais con esta convocatoria, ou a través da posta en marcha doutras accións e liñas de axuda que permitan seguir incrementando a calidade e a formación sector turístico galego.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17907786369324