A Festa dos Carboeiros regresa á Campa este sábado

RibeiraSacraXa
A cita está Asociación dos Carboeiros e contará con foliada e verbena
festa-dos-carboeiros-a-campa
5 Jun 2025

A Asociación dos Carboeiros organiza este sábado, 7 de xuño, a Festa dos Carboeiros, que terá lugar na aldea da Campa (Folgoso do Courel).

A cita arrancará ás 18.00 horas cunha misa na capela, seguida dunha foliada co Grupo de Música e Baile do Courel e Os Cantores do Courel, entre as 18:30 e as 20:30 horas.

Para rematar, a partir das 22.30 horas haberá unha verbena a cargo do Dúo Meritxell.

⚙ Configurar cookies
0.16090393066406