A Festa dos Avós de Sober terá lugar o vindeiro 3 de xuño

RibeiraSacraXa
A Festa dos Avós de Sober terá lugar o vindeiro 3 de xuño e terá un custo de 10 euros para empadroados e de 20 para os que non
Festas doa Avós Sober
Festas doa Avós Sober
21 Maio 2023

A XXI edición das Festas das Avoas e dos Avós de Sober terá lugar o vindeiro 3 de xuño no pavillón do CEIP Virxe do Carme e as persoas interesadas en participar deste evento teñen ata o 1 de xuño para apuntarse.

Durante esta xornada, as persoas poderán desfrutar dunha misa, de comida, de actuacións musicais e sorteo de agasallos, para compartir cos veciños unha xornada lúdica e amena na que todos poderán conversar do municipio ou do que queiran.

O custo por persoa será de 10 euros para persoas empadroadas no Concello de Sober e de 20 euros para os que non están censados e, ademais da comida, o prezo inclúe o servizo de autobús, que percorrerá as parroquias de Sober para trasladar a todos os veciños á festa.

Festa dos Avos Sober
0.15634989738464