A Festa do Cocido do Porco Celta regresa a Carballedo

RibeiraSacraXa
A segunda edición desta festa e a II Mostra de Artesanía da Ribeira Sacra desenvolveranse o 26 de abril
festa-do-cocido-caarballedo-portada
Cartel da II Festa do Cocido de Porco Celta de Carballedo
7 Apr 2025

Carballedo celebrará o vindeiro 26 de abril a segunda edición da Festa do Cocido do Porco Celta, que coincidirá tamén coa segunda edición da Mostra de Artesanía da Ribeira Sacra.

En canto á Festa do Cocido, será no Pavillón da Barrela e as reservas poden realizarse a través do 666 552 508. O menú incluirá dun “picoteo” con chourizo, salchichón e empanada, sopa, cocido de porco celta, viño da Ribeira Sacra e postres, por un prezo de 35 euros para os adultos e 15 para nenos e nenas menores de 12 anos. O pregoeiro desta edición será Victor Manuel Vázquez Portomeñe.

⚙ Configurar cookies
0.16960406303406