A Festa do Caldo de Ósos de Taboada celebrará a súa XXXII edición en febreiro

RibeiraSacraXa
O vindeiro 11 de febreiro celebrarase a tradicional festa gastronómica de Taboada na súa XXXII edición, a Festa do Caldo de Ósos, na que se homenaxeará á receita máis valiosa deste evento.
Festa do Caldo de Osos Taboada 3
16 Xan 2024

O vindeiro 11 de febreiro celebrarase a tradicional festa gastronómica de Taboada na súa XXXII edición, a Festa do Caldo de Ósos, na que se homenaxeará á receita máis valiosa deste evento.

Segundo explican os organizadores, o "noso caldo é un prato único, é o compromiso coa tradición, é a orixe e a transmisión cultural, símbolo de identidade, patrimonio culinario, e tamén é o motivo para xuntarnos cada ano a celebrar".

Durante a xornada, todas as persoas interesadas poderán degustar o caldo típico de Taboada mentres desfrutan da música, actividades e a compañía dos seus veciños e veciños, que contarán con moitas sorpresas.

0.18511605262756