A Festa da Xuventude de Chantada contará con servizo de noitebús

O venres, 16 de maio, o Concello de Chantada celebra a II Festa da Xuventude, unha cita para ofrecer á mocidade alternativas de lecer nocturno. A programación comeza ás 19.30 horas con propostas musicais en diferentes espazos ata ben entrada a madrugada, e contará coas actuación de Sorcha Showband, a Orquestra New York e Gramola DJ.
A Festa da Xuventude do Concello de Chantada está pensada para mozas e mozos de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades. Ademais, para facilitar a asistencia da mocidade da contorna contarase con servizo de Noitebús coas seguintes rutas:
- Ás 22.00 horas con saída de Antas de Ulla (diante da casa consistorial), pasando minutos despois por Monterroso (diante da casa consistorial), en Taboada recollerase á xente na Alameda ás 22:15h. e pola Barrela (diante da casa consistorial) pasará ás 22:30h. para rematar coa chegada a Chantada.
- Ás 22:00 horas con saída de Monforte de Lemos (da contorna dos Escolapios e aparcamento do Parque dos Condes) para recoller minutos despois á xente de Escairón (diante da gasolineira) e chegada a Chantada.
O regreso farase ao remate da festa. Para calquera dúbida a empresa de transporte facilita os seguintes contactos: 608 185 438 e 982 379 106.