A Festa da Mocidade de Taboada abre as Festas Patronais do municipio

RibeiraSacraXa
A Festa da Mocidade contará coas actuacións de Recambios Tucho, La Quinkillada, A Banda da Balbina e Os DJ “The Palangans”
festas-de-Taboada
6 Aug 2024

Actividades para público infantil e a Festa da Mocidade abren o programa das festas patronais de Taboada, que se celebran do 8 ao 12 de agosto cunha ampla axenda de actuacións musicais, actividades lúdicas e deportivas.

A deputada de Cultura, Iria Castro; o tenente alcalde de Taboada, José Portela; e o concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural, Manuel Diéguez presentaron a programación, que se desenvolve maioritariamente no campo da feira, en liña coa aposta do goberno municipal por valorizar esta zona da vila.

A área de Cultura colabora coa Festa da Mocidade, que conta na organización coa Asociación Madialeva O!, impulsora no seu día desta celebración como preludio ás festas. Recambios Tucho, A Quinkillada, A Banda da Balbina e The Palangans completan o cartel das actuacións, a partir das 23.00 horas no campo da feira.

Iria Castro destacou “ a presenza da música en galego coas actuacións da festa da mocidade e a vontade da concellería de cultura de incluír propostas para públicos de diferentes idades, buscando que as festas sexan un punto de encontro interxeneracional”.

O concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural Manuel Diéguez explicou que “se trata dun programa pensando en toda a veciñanza. Con propostas e música para todos os públicos e gustos, desde os grupos que actuarán na Festa da Mocidade ata as orquestras da verbena. Son unhas datas para celebrar o que nos une como concello, coas persoas que queremos, veciños, visitantes e amigos”.

PROGRAMA

Xoves, 8 de agosto

  • Espectáculo do Mago Antón ás 12.30 horas, 17.00 horas e 19.00 horas)

Venres, 9 de agosto

  • Espectáculo de circo Cigâní de Antón Coucheiro ás 18.00 horas
  • Atraccións para nenxs e ruta polos bares coa Charanga Km0 ás 19.30 horas
  • Festa da Mocidade con actuacións de Recambios Tucho, La Quinkillada, A Banda da Balbina e Os DJ “The Palangans” ás 23.00 horas

Sábado, 10 de agosto

  • Actuación da Banda EGS de Lugo ás 13.00 horas
  • Pasarrúas pola pola vila con Os Afogapalletas e Batucadabatú ás 18.00 horas
  • Verbena coa orquestra La Noria ás 23.00 horas

Domingo, 11 de agosto

  • Concerto da Banda de Chantada na Alameda ás 13.30 horas
  • Trofeo Festas dos Milagres entre Taboada CF e Chantada Atlético na Medela ás 18.30 horas
  • Festival Internacional de Danza con Rechouchíos e a Compoñía Crea Danza de Colombia ás 20.00 horas
  • Verbena con El Combo Dominicano ás 23.00 horas

Luns, 12 de agosto

  • Festa do Óso na Medela
  • Actuación da charanga Os Bandiños
  • Festa da escuma e xogos na auga
0.16987705230713