A Festa da Cultura e da Tradición de Folgoso cambia de data

RibeiraSacraXa
A festa tiña previsto celebrarse este sábado pero queda aprazada ao 2 de agosto polas previsións de choiva
Baixada-de-Carrilanas-Folgoso-do-Courel
Festa da Cultura e da Tradición, baixada de carrilanas
18 Jul 2025

A Festa da Cultura e da Tradición que ía celebrarse este sábado, 19 de xullo, en Folgoso do Courel, queda aprazada ata o vindeiro 2 de agosto polas previsións de choiva.

A veciñanza terá que esperar un pouco máis para volver a gozar desta cita que busca poñer en valor as tradicións o folclore popular e que é ademais un punto de encontro para habitantes e visitantes do Courel.

O programa mantense como estaba previsto, comezando coa tradicional baixada de carrilanas, ás 12:30 horas, con saída fronte ao antigo colexio e meta na Praza de Fondo de Vila.

Ás 14.00 horas abrirá ao público a Feira de Artesanía e unha exposición de xogos tradicionais no Souto da Carroza. Ás 15:00 horas será a quenda do Grupo Merenzao, que amenizará a xornada cunha actuación musical e, ás 16:00 horas, haberá un campionato de xogos tradicionais (arreboamento de sacho, lanzamento de boina, chave, billarda, corte con tronzón, etc.). Os trofeos entregaranse ás 19:30 horas. Para pechar a xornada, ás 20.00 horas haberá un concerto de Emilio Rúa.

⚙ Configurar cookies
0.32441186904907