A Festa da Cultura e a Tradición de Folgoso do Courel xa ten programa de actividades

Folgoso do Courel acollerá o próximo 19 de xullo unha nova edición da Festa da Cultura e a Tradición, unha cita que busca poñer en valor as tradicións o folclore popular e que é ademais un punto de encontro para a veciñanza do Courel.
O programa arrancará coa tradicional baixada de carrilanas, ás 12:30 horas, con saída fronte ao antigo colexio e meta na Praza de Fondo de Vila.
Ás 14.00 horas abrirá ao público a Feira de Artesanía e unha exposición de xogos tradicionais no Souto da Carroza. Ás 15:00 horas será a quenda do Grupo Merenzao, que amenizará a xornada cunha actuación musical e, ás 16:00 horas, haberá un campionato de xogos tradicionais (arreboamento de sacho, lanzamento de boina, chave, billarda, corte con tronzón, etc.). Os trofeos entregaranse ás 19:30 horas. Para pechar a xornada, ás 20.00 horas haberá un concerto de Emilio Rúa.