A Festa da Cultura e a Tradición de Folgoso do Courel acollerá unha baixada de carrilanas
O Concello de Folgoso do Courel acollerá unha nova edición da Baixada de Carrilanas o vindeiro 20 de xullo dentro das actividades da Festa da Cultura e a Tradición, que contará con exposición de xogos tradicionais e postos de artesanía.
Desta maneira, as persoas que queiran participar nesta carreira poderán facelo saíndo desde o antigo colexio e rematarán na praza de Fondo da vila.
Así, haberá trofeos para as tres carrilanas máis rápidas, un trofeo para a máis orixinal, outro para a máis simpática, e ademais se entregará unha medalla para todas as persoas participantes, que deberán levar a súa carrilana sen motor.
As inscricións poderanse facer ata media hora antes da saída no número 606 118 944 e haberá un sorteo entre todos os participantes sorteo dunha noite con almorozo nunha cabaniña para dúas persoas.