A Festa da Cultura de Folgoso do Courel comeza coa baixada de carrilanas
Esta fin de semana celébrase no Folgoso do Courel a Festa da Cultura, que contará con exposición de xogos tradicionais e postos de artesanía. Ademais, tamén haberá cea popular, verbena amenizada por grupos musicais recoñecidos e os Campionatos de Xogos Tradicionais.
Porén, a actividade máis importante de todas é a baixada de carrilanas, que terá lugar durante o día de hoxe, na que poderán participar as persoas que queiran, tanto nenos e nenas como adultos, só que os pequenos deberán ir acompañados por un adulto.
A baixada comezará no antigo colexio e rematará na Praza de Fondo de Vila, percorrendo as principais rúas de Folgoso do Courel. Ao final do evento, entregaranse os trofeos para as tres máis rápidas, así como á máis orixinal e tradicional. Tamén se darán medallas para todos e todas as participantes.