A Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite regresa a Ribas do Sil
RibeiraSacraXa
A XVIII Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil celebrarase o 4 e 5 de xuño na praia fluvial de San Clodio
24 Maio 2022
A praia fluvial de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra e do Xeoparque Mundial da Unesco "Montañas do Courel", acollerá os próximos días 4 e 5 de xuño a XVIII Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil.
A festa regresa nesta edición despois do parón obrigado pola pandemia da Covid-19 e vaino facer recuperando os sabores das rochas do Xeoparque Mundial da Unesco "Montañas do Courel" precisamente coincidindo coa Semana dos Xeoparques Europeos.