A Festa da Cantarela aprázase ao 9 de agosto

A Festa da Cantarela, ou Festa dos cogomelos e dos Soutos, que tiña previsto celebrar a súa duodécima edición este 12 de xullo en Paderne, queda aprazada ata o vindeiro 9 de agosto.
A razón, explican dende a organización, débese á dificultade de conseguir as cantarelas pola seca e ás altas temperaturas.
A xornada, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, será a única cita dedicada aos cogomelos de todo o verán peninsular.
O programa, que en principio mantense, arrancará ás 11:00 horas cunha ruta micolóxica con saída desde o quintairo, e continuará cunha festa animada pola foliada de Bosende. Ás 14:00 horas haberá unha degustación de tapas elaboradas con cantarelas e, para rematar, a cita servirá para presentar oficialmente o Courel Son 205 así como as actividades previstas para o outono.