A Fervenza da Pedriña, en Quiroga, acolle un campo de voluntariado

RibeiraSacraXa
A Fervenza da Pedriña en Quiroga acolle un campo de voluntariado de mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos
DXXuventude Quiroga
8 Sep 2022

Mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e procedentes de Andalucía, Aragón, Castela A Mancha, Estremadura e Madrid veñen de rematar a súa convivencia nun campo de voluntariado que deu comezo o pasado 28 de agosto en Quiroga.

O obxectivo desta iniciativa era o de realizar un acceso e unir as fervenzas da Pedriña e do Pombar, así como sinalizalas e dotar á primeira como unha zona de baño natural. Así mesmo, traballouse na creación dun vídeo sobre os saltos de auga que hai no xeoparque e na dinamización das rutas do concello para promover o chamado Camiño do Inverno.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destaca a importancia dos campos de voluntariado para conservar contornas naturais.

Estas actividades complementáronse cunha programación de ocio e lecer que incluíu a práctica de deportes náuticos, a realización de rutas para coñecer a xeoloxía e arqueoloxía do lugar ou visitas aos museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga, entre outras.

PARTICIPACIÓN

A campaña de verán 2022 da Xunta de Galicia conta cunha participación récord. O lema deste ano é O verán que queres contar e ten máis de 10.800 prazas repartidas en distintas actividades por toda a comunidade, como campamentos de verán, campos de voluntariado ou minicampamentos Coñece Galicia en establecementos turísticos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16802787780762